O día 21 de Febreiro, representóuse no Salón de Actos da Cooperativa do Campo de Capela, o enterro de “Xan Carallán” (O Antroido); organizado polas Asociacións: “Museo Etnográfico da Capela”, “Airiños da Capela”, “A.V.V. Monte Forgoselo” e “Asoc. O Pértego”. Ao remate, sorteóuse unha cesta de Antroido, e todos (organizadores e púbrico) degustamos orellas, filloas e roscas para despedir o Antroido ata o ano que ven. Moitas gracias a todos pola vosa asistencia e colaboración.
A continuacion unha foto con todolos participantes na representación:
Lolo, Miluca, Jóse, Bea, Secundino, Amando, Antonio, Manola, Maruja, Toñito, Jesus, Alba, Marisé, Juana, Fina e Maruja.
Neste antroido, voltaron as MASCARAS a rondar pola Capela, saudando e convidando aos veciños polas casas e polas tabernas; membros da Asoc. Airiños da Capela, e algúns amigos máis, pasearon as tres parroquias da Capela cantando e alborotando para o disfrute dos poucos veciños que se atrevían a sair á rua, pois facía un frío que convidaba a pasar o día frente ao lume. Para rematar nada mellor que unhas orellas, freixós e viño quente. Saúdos a todos.