O día 26 de xuño, estivemos en Aparral en As Pontes, acompañando aos veciños desta parroquia nos actos da celebración do San Xoan. Moitas gracias á organización por invitarnos e a todolos veciños polo ben que nos trataron.
fotos de Antón Ferreiro
O día 26 de xuño, estivemos en Aparral en As Pontes, acompañando aos veciños desta parroquia nos actos da celebración do San Xoan. Moitas gracias á organización por invitarnos e a todolos veciños polo ben que nos trataron.
fotos de Antón Ferreiro
Unha vez rematado o Camiño de Santiago con gran satisfacción do grupo participante, a Asociación acordóu manter esta boa costume e, periódicamente, organizar marchas a pé para manter os vinculos de amizade xurdidos entre os romeiros e seguir a coñecer e disfrutar da natureza da nosa Terra. De esta forma o vindeiro domingo 11 de xullo, escomenzará a programación do que chamaremos “AIRIÑOS DA CAPELA NOS CAMIÑOS” cunha romaría a San Andrés de Teixido. Sairemos de Porto do Cabo, un lugar que se atopa na estrada de Cerdido a Cedeira, a 15 km. de San Andrés. O bus que nos levará ata Porto do Cabo sairá das Neves ás 7 da mañán, e o prezo que inclúe autobús e comida campestre en S.Andres é de 15 €.
Para apuntarse podedes chamar a Beatriz, ao tf. 619 853 834
Un saúdo e bó camiño.

O sabado 3 de xullo, Airiños da Capela organiza a segunda edición da Foliada da Capela. Ao igual que a primeira, faráse no “mesón O Pazo” a partir das dez da noite, e contaremos con dous grupos que nos farán disfrutar coa sua música , a Agrupación CASTROSÚA de Santiago e o grupo pontés NO COMBARO.

Décima e última etapa do Camiño; do Monte do Gozo a Santiago.
Un saúdo a todolos que peregrinastes neste grupo, e esperamos vernos pronto compartindo novos camiños.
Historial (1)
Novas Da Asociación (26)
Outras Novas Culturais da Capela (11)
Xeral (49)
WP Cumulus Flash tag cloud by Roy Tanck requires Flash Player 9 or better.