Airiños da Capela, desexa a todolos veciños da Capela, e amigos, unhas Felices Festas e un bo ano 2011.
O Sabado dia 18 de decembro 2010, os alumnos da escola de música municipal, mostrarán ao público os seus traballos, nun concerto que se celebrará na Casa de Cultura de As Neves, cós seguintes horarios:
- A partir das 12,30 h. participarán os alumnos de piano.
- As 4 da tarde, será o turno dos alumnos de violín, guitarra e coro.
- E rematarán o concerto, a partir das 5 menos cuarto da tarde, os alumnos de violonchelo.
De seguro nos ofrecerán unhas magnificas interpretacións.
O martes 14 de decembro, o Concello convocóu ás asociacións para falar da organización e financiación de actividades para o ano 2011. Na reunión, as dúas partes expuxeron as suas ideas e puntos de vista, e quedóuse en celebrar unha nova xuntanza no mes de xaneiro para presentar novas propostas e intentar consensuar una forma de actuación común neste tema.
A Coral “Airiños da Capela” nacéu xa hai 20 anos. Sete ou oito daqueles “lanzados” que comenzaron aquel proxecto, ainda permanecen hoxe activamente no grupo, pero foron moitos os que pasaron pola Coral, e por unhas ou outras causas deixarona có paso do tempo. Afortunadamente sempre contamos coa importantisima aportación de voces xovenes, que dan frescura e vitalidade ao conxunto vocal tanto visualmente como técnicamente.
Nestes momentos, seguimos contando con esa diversidade xeracional, que fai do noso coro un referente na música coral da nosa comarca, pero para manter o necesario equilibrio tonal é necesario tamén contar con suficientes membros en cada unha das cordas que forman a polifonía coral. Na actualidade urxenos a incorporación de novas voces, e por eso , facemos un chamamento a todos os que lles guste a música, para que se unan a nós e deste xeito garantizar a continuidade da Coral , que leva espallado o nome da Capela por innumerables lugares da xeografía española e portuxesa.
Animádevos. Invitamosvos a que pasedes un día polo local de ensaio e vexades cómo se prepara unha canción. Non é necesario ter unha gran voz, únicamente gustar da música e ter un mínimo sentido do ritmo.
Esperámoste…….. fasnos falta.

o domingo día 19 de decembro de 2010, a Coral Airiños da Capela, ofrecerá un concerto de panxoliñas, durante a celebración da misa na capela de As Neves, ás 12,15 h.
FELICES FESTAS
O día 28 de novembro, Airños da Capela e amigos, remataron o camiño por etapas que os levóu de Santiago a Fisterra. No camiño houbo días de sol, dias de choiva e días de frio, pero TODOS, foron días de compañerismo, amistade o bó humor. Gracias a todos, e esperamos seguir contando con vos nas proximas “andainas” que seguiremos organizando.
Podedes ver as fotos do camiño na sección de galerias fotográficas, a maioría delas feitas polo amigo Conrado, por eso él sale tan poucas veces.

O sábado 18 de Decembro, a Asociación da 3ª Idade, coa colaboración do Concello da Capela, organiza unha festa de Nadal, no local social de As Neves, na que haberá teatro, exibicións de baile de salón, música e diversión para todos, grandes e pequenos, a partir das 6 da tarde. Non faltedes, e FELICES FESTAS.




