Coral Airiños da Capela

Coral Airiños da Capela

O domingo 22 de maio, as 6 da tarde, celebróuse o festival das Letras Galegas, que  todos os anos organiza Airiños da Capela.

Este ano participaron:

-Grupo de música tradicional da escóla de música municipal da Capela

-Coral LUAR de Vilalba (Lugo)

-Coral de TAPIA DE CASARIEGO (Asturias)

-Coral AIRIÑOS DA CAPELA

-Pandereteiras de Airiños da Capela

Estas últimas, as pandereteiras/Cantareiras  facían ese día o seu estreo, e a verdade que o fixeron mui ben.

Aqui tedes algunhas fotos do Festival.

escrito por admin On mayo - 24 - 2011 Novas Da Asociación Xeral

Por fin, rematóu o proceso electoral, e toca ahora poñerse a traballar.

Dende a Asociación Airiños da Capela, queremos dar a enhoraboa a todos os partidos polo seu bo comportamento durante este periodo, e  felicitar a quenes finalmente teñan a responsabilidade de goberno. Que sepan que poden contar con esta asociación para colaborar có Concello en todo o que sexa positivo para os veciños e particularmente para mellorar e diversificar o eido cultural de A Capela.

escrito por admin On mayo - 24 - 2011 Xeral

O Museo Etnográfico da Capela, ten convocado o IV premio de Investigación Ferro Caaveiro, no que, recalca o Museo, poden participar calquera, non só profesionais; Calquera persoa que teña algunha inquedanza  por temas relacionados coa etnografía e a cultura en xeral da nosa Comarca, pode presentarse a este premio. O prazo de presentación  de traballos remata o 31 de agosto de 2011. Podedes obter máis información na páxina do Museo. Animádevos.

visita aqui, a páxina do Museo

escrito por admin On mayo - 21 - 2011 Outras Novas Culturais da Capela Xeral

Outra vez visitamos a comunidade veciña de Asturias, donde nos trataron estupendamente.

Cantamos nesta ocasión no XV festival de masas corais que organiza a Coral Villa de Jobellanos.

A continuación deixamos algunhas fotos e videos desta viaxe.

video 1: “piel canela

video 2: “foliada das rias baixas”

escrito por admin On mayo - 17 - 2011 Novas Da Asociación Xeral

O dia 1 de maio de 2011, saímos de novo aos camiños, para facer a ruta dende Lorbé ata Mera, pola beira do mar. O tempo acompañounos asi que  tanto camiñantes como fotografo puderon disfrutar das magnificas paisaxes que esta costa nos ofrece.

Aqui tedes unha mostra:

escrito por admin On mayo - 4 - 2011 Novas Da Asociación Xeral




VIDEO

TAG CLOUD

Historial (1)
Novas Da Asociación (26)
Outras Novas Culturais da Capela (11)
Xeral (49)

WP Cumulus Flash tag cloud by Roy Tanck requires Flash Player 9 or better.

POPULAR