Coral Airiños da Capela

Coral Airiños da Capela

o Concello da Capela ven de convocar un concurso para elexir o cartel que publicitará a 23 edición da Festa do Requeixo.

As bases do concurso son:

– Poden participar todolos veciños da Capela

– Podese utilizar carquera estilo artistico

– O cartel estará en formato A4 ou A3, e acompañaráse dun sobre pequeno no que figurará o nome e enderezo do autor.

– Todolos carteis serán expostos publicamente

– O gañador recibirá unha cesta con productos do Eume, e todos os participantes recibirán un agasallo

– O prazo de presentación remata o 15 de xullo

– O dia 18 daráse a coñecer o gañador

a ver si se animan os artistas da Capela, e temos un cartel ben bonito e orixinal.

Si necesitades máis información podedes preguntar no Concello.

escrito por admin el 17 - junio - 2011 Outras Novas Culturais da Capela

escribe un comentario





VIDEO

TAG CLOUD

Historial (1)
Novas Da Asociación (27)
Outras Novas Culturais da Capela (11)
Xeral (54)

WP Cumulus Flash tag cloud by Roy Tanck requires Flash Player 9 or better.

POPULAR