O día 17 de abril 2011, Airiños da Capela estivo novamente camiñando polas fermosas rutas de sendeirismo que surcan a nosa paisaxe galega. Esta vez disfrutamos da «ruta da Auga» comenzando na Capela de San Alberte, pasando pola fonte de Valdovin, Parga, Balneario de Guitiriz, e rematando na area de «sete muiños». Despois de percorrer uns 18 km. (máis ou menos) e dalgún chapuzón (non desexado) no río, repuxemos folgos no restaurante «A Casilla» e algúns tomaron as augas da fonte de augas medicinais de Guitiriz. Ahí van algunhas fotos da xornada nunha galería que máis adiante iremos ampliando. Un afectuoso saúdo a todolos participantes e, non desesperedes que logo estaremos de novo xuntos  «polos camiños».