O día 21 de Febreiro, representóuse no Salón de Actos da Cooperativa do Campo de Capela, o enterro de «Xan Carallán» (O Antroido); organizado polas Asociacións: «Museo Etnográfico da Capela», «Airiños da Capela», «A.V.V.  Monte Forgoselo» e «Asoc. O Pértego». Ao remate, sorteóuse unha cesta de Antroido, e todos (organizadores e púbrico) degustamos orellas, filloas e roscas para despedir o Antroido ata o ano que ven. Moitas gracias a todos pola vosa asistencia e colaboración.

 

A continuacion unha foto con todolos participantes na representación:

 

Lolo, Miluca, Jóse, Bea, Secundino, Amando, Antonio, Manola, Maruja, Toñito, Jesus, Alba, Marisé, Juana, Fina  e  Maruja.