O día 30 de Outubro, as pandereteiras de «Airiños da Capela», participaron tamén no magosto organizado pola asociación «O Pértego» no pabellón municipal dos Calzados. Primeiramente diron todo de sí para vencer a resistencia sonora que ofreceu o pabellón e a desapacible tarde que se presentóu ese día; e despois degustaron as castañas e as deliciosas papas de millo que prepararon os membros da asociación, e que rápidamente nos fixeron entrar en calor.