Asociación Cultural Airiños da Capela
No inicio de 1991, un grupo de amigos, deciden a creación dun grupo coral, integrado no seu comenzo na Asociación de veciños NOS; son os comenzos dunha entidade adicada á espallar á música no concello da Capela, e tamén na súa comarca.
En 1997, co fin de crear unha entidade que teña como fin principal á cultura en xeral, pero especialmente á musical, nace Airiños da Capela como Asociación.
Ó longo dos anos transcurridos dende á súa creación estes fins foronse cumprindo, tanto pola creación de grupos musicais propios da entidade, como pola organización de actos para mostrar ó traballo doutros grupos, (tanto do noso país como de fora), exposicións, cursos, etc.
Este traballo foi dando ós seus froitos, xa que á entidade considerase a base idearia para que unha nova xeración de xoves da Capela sexan hoxe profesionais do ensino musical, ou membros activos dalgún grupo musical.
Cada ano organiza un ciclo de concertos denominado “Vive á música”, e por medio deles 140 agrupacións xa visitaron A Capela nestes anos. Outras das súas actividades son cursos, exposicións, conferencias, teatro, etc.
Nos últimos anos ven de facer un traballo adicado especialmente a dous sectores da sociedade, que normalmente son mais desfavorecidos: Mulleres, xoves e 3ª idade, creando talleres musicais adicados á terapia ocupacional, convivencia e formación.
Seguindo con esta diversificación, no ano 2009 forma un grupo de cantareiras e pandereteiras.
Actualmente a Asociación conta con varias agrupacións:
Coral «Airiños da Capela».- Formada por 35 voces mixtas, e con un amplio repertorio que abarca todolos estilos de música coral.
Grupo de música tradicional Silbarda».-
Dúo de corda Duelist, con violín e violonchelo.-
As tres agrupoacións forman parte dos circuitos culturais da Deputación de A Coruña e da Xunta de Galicia.
O Director da Coral, dende o seu comenzo é JUAN MANUEL BRAGE RABINA, Compositor e director de coros, dirixe formacions corais dende 1987.
Como compositor ten composto música para cine e teatro, actividades ás que está mui vinculado ya que foi actor de ambas disciplinas. Tamén ten composto moitas obras corais e centos de arreglos para coro de obras populares, tradicionais e modernas, tanto para coro mixto, coro de voces iguais ou grupos vocais reducidos.
É licenciado superior de música nas especialidades de guitarra, armonía e composición.