Coral Airiños da Capela

Coral Airiños da Capela

o Concello da Capela ven de convocar un concurso para elexir o cartel que publicitará a 23 edición da Festa do Requeixo.

As bases do concurso son:

– Poden participar todolos veciños da Capela

– Podese utilizar carquera estilo artistico

– O cartel estará en formato A4 ou A3, e acompañaráse dun sobre pequeno no que figurará o nome e enderezo do autor.

– Todolos carteis serán expostos publicamente

– O gañador recibirá unha cesta con productos do Eume, e todos os participantes recibirán un agasallo

– O prazo de presentación remata o 15 de xullo

– O dia 18 daráse a coñecer o gañador

a ver si se animan os artistas da Capela, e temos un cartel ben bonito e orixinal.

Si necesitades máis información podedes preguntar no Concello.

escrito por admin On junio - 17 - 2011 Outras Novas Culturais da Capela

O Museo Etnográfico da Capela, ten convocado o IV premio de Investigación Ferro Caaveiro, no que, recalca o Museo, poden participar calquera, non só profesionais; Calquera persoa que teña algunha inquedanza  por temas relacionados coa etnografía e a cultura en xeral da nosa Comarca, pode presentarse a este premio. O prazo de presentación  de traballos remata o 31 de agosto de 2011. Podedes obter máis información na páxina do Museo. Animádevos.

visita aqui, a páxina do Museo

escrito por admin On mayo - 21 - 2011 Outras Novas Culturais da Capela Xeral

(Diario de Ferrol)

O videiro día 22 de Febreiro, terá lugar a inauguración do rehabilitado Mosteiro de Caaveiro, nun acto presidido polo presidente da Deputación da Coruña Salvador Fernandez Moreda.

Máis información aqui 

escrito por admin On febrero - 12 - 2011 Outras Novas Culturais da Capela

O Sabado dia 18 de decembro 2010, os alumnos da escola de música municipal, mostrarán ao público os seus traballos, nun concerto que  se celebrará na Casa de Cultura de As Neves, cós seguintes horarios:

– A partir das 12,30 h. participarán os alumnos de piano.

– As 4 da tarde, será o turno dos alumnos de violín, guitarra e coro.

– E  rematarán o concerto, a partir das 5 menos cuarto da tarde, os alumnos de violonchelo.

De seguro nos ofrecerán unhas magnificas interpretacións.

escrito por admin On diciembre - 16 - 2010 Outras Novas Culturais da Capela Xeral

Sesión de contacontos, o día 17 decembro 2010, na biblioteca municipal ás 5 e media da tarde.

escrito por admin On diciembre - 16 - 2010 Outras Novas Culturais da Capela

O martes 14 de decembro, o Concello convocóu  ás asociacións para falar da organización e financiación de actividades para o ano 2011. Na reunión, as dúas partes expuxeron as suas ideas e puntos de vista, e quedóuse en celebrar unha nova xuntanza no mes de xaneiro para  presentar novas propostas e intentar consensuar una forma de actuación  común neste tema.

escrito por admin On diciembre - 15 - 2010 Outras Novas Culturais da Capela

Necesitamos novas voces.

A Coral “Airiños da Capela” nacéu  xa hai 20 anos.  Sete ou oito daqueles “lanzados”  que  comenzaron aquel proxecto, ainda permanecen hoxe  activamente no grupo, pero foron  moitos os que pasaron pola Coral, e por unhas ou outras causas  deixarona có paso do tempo. Afortunadamente  sempre contamos  coa importantisima aportación de voces xovenes, que dan frescura  e vitalidade ao conxunto vocal tanto visualmente como técnicamente.

Nestes momentos, seguimos contando con esa diversidade xeracional, que fai do noso coro un referente na música coral da nosa comarca, pero  para manter o necesario equilibrio tonal é necesario  tamén contar con suficientes membros en cada unha das cordas que forman a polifonía coral.  Na actualidade urxenos a incorporación de novas voces,  e por eso ,  facemos un chamamento a todos os que lles guste a música, para que se unan a nós e deste xeito garantizar a continuidade da Coral , que leva espallado o nome da Capela por innumerables lugares da xeografía española e portuxesa.

Animádevos.  Invitamosvos a que pasedes un día polo local de ensaio e vexades cómo se prepara unha canción. Non é necesario ter unha gran voz, únicamente gustar da música e ter un mínimo sentido do ritmo.

Esperámoste…….. fasnos falta.

escrito por admin On diciembre - 11 - 2010 Novas Da Asociación Outras Novas Culturais da Capela Xeral

O sábado 18 de Decembro,  a Asociación da 3ª Idade, coa colaboración do Concello da Capela, organiza unha festa de Nadal, no local social de As Neves, na que haberá teatro,  exibicións de baile de salón, música e diversión para todos, grandes e pequenos, a partir das 6 da tarde.  Non faltedes, e FELICES FESTAS.

festa Nadal

escrito por admin On diciembre - 8 - 2010 Outras Novas Culturais da Capela

A Concellería de Servicios Sociais do Concello da Capela, pon en marcha un OBRADOIRO DE MEMORIA para persoas maiores, a partir do 19 de novembro 2010.

logo Concello

O obradoiro será os venres de 16 a 18 h., no centro Social de As Neves.

As inscripcións realizaránse nas oficiñas do Concello

CONCELLO DA CAPELA

CONCELLERÍA DE SERVICIOS SOCIAIS

escrito por admin On noviembre - 13 - 2010 Outras Novas Culturais da Capela

A Peña ciclista “Leboreira” en colaboración có Concello da Capela, organiza a 1ª ruta btt “Concello da Capela”, o vindeiro domingo 28 de novembro 2010. Unha ruta que promete satisfaccións a todolos amantes da bici de montaña e da natureza. Mais información na páxina do clube Leboreira     www.penaleboreira.org

ruta Concello da Capela

escrito por admin On noviembre - 11 - 2010 Outras Novas Culturais da Capela




VIDEO

TAG CLOUD

Historial (1)
Novas Da Asociación (27)
Outras Novas Culturais da Capela (11)
Xeral (54)

WP Cumulus Flash tag cloud by Roy Tanck requires Flash Player 9 or better.

POPULAR