Coral Airiños da Capela

Coral Airiños da Capela

O día 17 de abril 2011, Airiños da Capela estivo novamente camiñando polas fermosas rutas de sendeirismo que surcan a nosa paisaxe galega. Esta vez disfrutamos da «ruta da Auga» comenzando na Capela de San Alberte, pasando pola fonte de Valdovin, Parga, Balneario de Guitiriz, e rematando na area de «sete muiños». Despois de percorrer uns 18 km. (máis ou menos) e dalgún chapuzón (non desexado) no río, repuxemos folgos no restaurante «A Casilla» e algúns tomaron as augas da fonte de augas medicinais de Guitiriz. Ahí van algunhas fotos da xornada nunha galería que máis adiante iremos ampliando. Un afectuoso saúdo a todolos participantes e, non desesperedes que logo estaremos de novo xuntos  «polos camiños«.

escrito por admin On abril - 18 - 2011 Novas Da Asociación Xeral

Nova programación de» Airiños da Capela nos Camiños».

A partir do día 10 de abril, a asociación organiza o tramo portuxés do Camiño de Santiago.

Faráse en 7 etapas, camiñando  dous domingos ao mes, rematando o día 3 de xullo.

Todos os que estén interesados poden informarse e apuntarse no teléfono

Tf. 619 853 834

escrito por admin On marzo - 26 - 2011 Novas Da Asociación Xeral
escrito por admin On marzo - 26 - 2011 Novas Da Asociación

O día 12 de marzo, a agrupación artistica LUCERO DEL ALBA, presenta a súa madriña do ano 2011, nun acto que terá lugar na Casa da Cultura de Neda, ás 19,30 h.

Neste acto participarán a Coral Airiños da Capela, e a propia  Agrupación Artistica Lucero del Alba.

Paula Fernández Fernández, será a madriña desta Rondalla amiga durante este ano:

Neste acto, non será a madriña a única presentación.

Tamén fará o seu debut na rondalla o noso «Suso», que por suposto seguirá pertencendo a Airiños da Capela, pero como Suso é moito Suso,  e «a cabeza non para» necesita máis que unha Coral para dar renda solta a ese talento que o desborda.

«MOITA SORTE SUSO»   pero…. non te esquenzas que ante todo seguirás sendo un «airiños da Capela».

escrito por admin On marzo - 12 - 2011 Novas Da Asociación Xeral

Airiños da Capela, desexa a todolos veciños da Capela, e amigos, unhas Felices Festas e un bo ano 2011.

escrito por admin On diciembre - 25 - 2010 Novas Da Asociación Xeral

Necesitamos novas voces.

A Coral «Airiños da Capela» nacéu  xa hai 20 anos.  Sete ou oito daqueles «lanzados»  que  comenzaron aquel proxecto, ainda permanecen hoxe  activamente no grupo, pero foron  moitos os que pasaron pola Coral, e por unhas ou outras causas  deixarona có paso do tempo. Afortunadamente  sempre contamos  coa importantisima aportación de voces xovenes, que dan frescura  e vitalidade ao conxunto vocal tanto visualmente como técnicamente.

Nestes momentos, seguimos contando con esa diversidade xeracional, que fai do noso coro un referente na música coral da nosa comarca, pero  para manter o necesario equilibrio tonal é necesario  tamén contar con suficientes membros en cada unha das cordas que forman a polifonía coral.  Na actualidade urxenos a incorporación de novas voces,  e por eso ,  facemos un chamamento a todos os que lles guste a música, para que se unan a nós e deste xeito garantizar a continuidade da Coral , que leva espallado o nome da Capela por innumerables lugares da xeografía española e portuxesa.

Animádevos.  Invitamosvos a que pasedes un día polo local de ensaio e vexades cómo se prepara unha canción. Non é necesario ter unha gran voz, únicamente gustar da música e ter un mínimo sentido do ritmo.

Esperámoste…….. fasnos falta.

escrito por admin On diciembre - 11 - 2010 Novas Da Asociación Outras Novas Culturais da Capela Xeral

villancicos

o domingo día 19 de decembro de 2010, a Coral Airiños da Capela, ofrecerá un concerto de panxoliñas, durante a celebración da misa na capela de As Neves, ás 12,15 h.

FELICES FESTAS

escrito por admin On diciembre - 11 - 2010 Novas Da Asociación

O día 28 de novembro,  Airños da Capela e amigos, remataron o camiño por etapas que os levóu de Santiago a Fisterra. No camiño houbo días de sol, dias de choiva e días de frio, pero TODOS, foron días de compañerismo, amistade o bó humor. Gracias a todos, e esperamos seguir contando con vos nas proximas «andainas» que seguiremos organizando.

Podedes ver as fotos do camiño na sección de galerias fotográficas, a maioría delas feitas polo amigo Conrado, por eso él sale tan poucas veces.

PB280147

escrito por admin On diciembre - 8 - 2010 Novas Da Asociación Xeral
escrito por admin On noviembre - 9 - 2010 Novas Da Asociación Xeral

O día 30 de Outubro, as pandereteiras de «Airiños da Capela», participaron tamén no magosto organizado pola asociación «O Pértego» no pabellón municipal dos Calzados. Primeiramente diron todo de sí para vencer a resistencia sonora que ofreceu o pabellón e a desapacible tarde que se presentóu ese día; e despois degustaron as castañas e as deliciosas papas de millo que prepararon os membros da asociación, e que rápidamente nos fixeron entrar en calor.

Saúdos para todos.CIMG0932CIMG0931CIMG0930

escrito por admin On noviembre - 1 - 2010 Novas Da Asociación




VIDEO

TAG CLOUD

Historial (1)
Novas Da Asociación (27)
Outras Novas Culturais da Capela (11)
Xeral (54)

WP Cumulus Flash tag cloud by Roy Tanck requires Flash Player 9 or better.

POPULAR