Unha vez rematado o Camiño de Santiago con gran satisfacción do grupo participante, a Asociación acordóu manter esta boa costume e, periódicamente, organizar marchas a pé para manter os vinculos de amizade xurdidos entre os romeiros e seguir a coñecer e disfrutar da natureza da nosa Terra. De esta forma o vindeiro domingo 11 de xullo, escomenzará a programación do que chamaremos “AIRIÑOS DA CAPELA NOS CAMIÑOS” cunha romaría a San Andrés de Teixido. Sairemos de Porto do Cabo, un lugar que se atopa na estrada de Cerdido a Cedeira, a 15 km. de San Andrés. O bus que nos levará ata Porto do Cabo sairá das Neves ás 7 da mañán, e o prezo que inclúe autobús e comida campestre en S.Andres é de 15 €.
Para apuntarse podedes chamar a Beatriz, ao tf. 619 853 834
Un saúdo e bó camiño.






