Coral Airiños da Capela

Coral Airiños da Capela

O sábado día 19 de Novembro, Airiños da Capela celebróu o seu 19 aniversario, cun Festival no salón de actos da Cooperativa dos Calzados, a partir das 19 h.  Actuóu en primeiro lugar a  Coral de Burela , a continuación os membros do  Grupo de Baile tradicional “Sementes do Arte” de Ordes; siguéulles a actuación do duo de voz e piano “Carla e Iago”, e rematóu o festival como sempre a Coral anfitriona “Airiños da Capela” . Pensamos que resultou un festival mui variado e ameno para o público que recompensou con grandes aplausos aos participantes.

A continuación deixamos un reportaxe fotográfico do festival e da cea que celebramos unha vez rematado o acto, no restaurante “Casa Peizás”.

Moitas gracias a todolos asistentes polo voso apoio.

escrito por admin On noviembre - 12 - 2011 Novas Da Asociación Xeral

Airiños da Capela, continuando na sua liña de recuperación da música tradicional, organiza un curso de Baile Galego, dirixido a xovenes e adultos. As clases impartense os martes de 21 a 22 horas, no ximnasio municipal. Todos aqueles que estén interesados nesta actividade, poden poñerse en contacto con

Beatriz: presidenta da Asoc.    619853834

Corral: secretario da Asoc.  636729158

escrito por admin On octubre - 27 - 2011 Novas Da Asociación Xeral

As Cantareiras de Ariños da Capela, actuaron o sabado 22 de outubro 2011, no Museo Etnográfico da Capela, con motivo da celebración das VII Xornadas Museísticas, que cada ano organiza o Patronato do Museo.

escrito por admin On octubre - 25 - 2011 Novas Da Asociación Xeral

O día 16 de outubro cantamos a Misa nas Festas de Goente, na honra de San Rosendo.

escrito por admin On octubre - 23 - 2011 Novas Da Asociación Xeral

Airiños da Capela, estivemos este ano novamente nas Festas da Faeira celebradas os dias 1 e 2 de outubro na honra da Virxe do Rosario. Un tempo magnifico, grandes orquestas e unha grandisima afluencia de xente, resumen estas tradicionais festas, nas que coincidimos  cós  nosos amigos “Os Trevillas” acompañando a celebración relixiosa.

escrito por admin On octubre - 11 - 2011 Novas Da Asociación Xeral

O domingo 22 de maio, as 6 da tarde, celebróuse o festival das Letras Galegas, que  todos os anos organiza Airiños da Capela.

Este ano participaron:

-Grupo de música tradicional da escóla de música municipal da Capela

-Coral LUAR de Vilalba (Lugo)

-Coral de TAPIA DE CASARIEGO (Asturias)

-Coral AIRIÑOS DA CAPELA

-Pandereteiras de Airiños da Capela

Estas últimas, as pandereteiras/Cantareiras  facían ese día o seu estreo, e a verdade que o fixeron mui ben.

Aqui tedes algunhas fotos do Festival.

escrito por admin On mayo - 24 - 2011 Novas Da Asociación Xeral

Por fin, rematóu o proceso electoral, e toca ahora poñerse a traballar.

Dende a Asociación Airiños da Capela, queremos dar a enhoraboa a todos os partidos polo seu bo comportamento durante este periodo, e  felicitar a quenes finalmente teñan a responsabilidade de goberno. Que sepan que poden contar con esta asociación para colaborar có Concello en todo o que sexa positivo para os veciños e particularmente para mellorar e diversificar o eido cultural de A Capela.

escrito por admin On mayo - 24 - 2011 Xeral

O Museo Etnográfico da Capela, ten convocado o IV premio de Investigación Ferro Caaveiro, no que, recalca o Museo, poden participar calquera, non só profesionais; Calquera persoa que teña algunha inquedanza  por temas relacionados coa etnografía e a cultura en xeral da nosa Comarca, pode presentarse a este premio. O prazo de presentación  de traballos remata o 31 de agosto de 2011. Podedes obter máis información na páxina do Museo. Animádevos.

visita aqui, a páxina do Museo

escrito por admin On mayo - 21 - 2011 Outras Novas Culturais da Capela Xeral

Outra vez visitamos a comunidade veciña de Asturias, donde nos trataron estupendamente.

Cantamos nesta ocasión no XV festival de masas corais que organiza a Coral Villa de Jobellanos.

A continuación deixamos algunhas fotos e videos desta viaxe.

video 1: “piel canela

video 2: “foliada das rias baixas”

escrito por admin On mayo - 17 - 2011 Novas Da Asociación Xeral

O dia 1 de maio de 2011, saímos de novo aos camiños, para facer a ruta dende Lorbé ata Mera, pola beira do mar. O tempo acompañounos asi que  tanto camiñantes como fotografo puderon disfrutar das magnificas paisaxes que esta costa nos ofrece.

Aqui tedes unha mostra:

escrito por admin On mayo - 4 - 2011 Novas Da Asociación Xeral




VIDEO

TAG CLOUD

Historial (1)
Novas Da Asociación (26)
Outras Novas Culturais da Capela (11)
Xeral (49)

WP Cumulus Flash tag cloud by Roy Tanck requires Flash Player 9 or better.

POPULAR