Coral Airiños da Capela

Coral Airiños da Capela

O domingo 22 de maio, as 6 da tarde, celebróuse o festival das Letras Galegas, que  todos os anos organiza Airiños da Capela.

Este ano participaron:

-Grupo de música tradicional da escóla de música municipal da Capela

-Coral LUAR de Vilalba (Lugo)

-Coral de TAPIA DE CASARIEGO (Asturias)

-Coral AIRIÑOS DA CAPELA

-Pandereteiras de Airiños da Capela

Estas últimas, as pandereteiras/Cantareiras  facían ese día o seu estreo, e a verdade que o fixeron mui ben.

Aqui tedes algunhas fotos do Festival.

escrito por admin On mayo - 24 - 2011 Novas Da Asociación Xeral

Por fin, rematóu o proceso electoral, e toca ahora poñerse a traballar.

Dende a Asociación Airiños da Capela, queremos dar a enhoraboa a todos os partidos polo seu bo comportamento durante este periodo, e  felicitar a quenes finalmente teñan a responsabilidade de goberno. Que sepan que poden contar con esta asociación para colaborar có Concello en todo o que sexa positivo para os veciños e particularmente para mellorar e diversificar o eido cultural de A Capela.

escrito por admin On mayo - 24 - 2011 Xeral

O Museo Etnográfico da Capela, ten convocado o IV premio de Investigación Ferro Caaveiro, no que, recalca o Museo, poden participar calquera, non só profesionais; Calquera persoa que teña algunha inquedanza  por temas relacionados coa etnografía e a cultura en xeral da nosa Comarca, pode presentarse a este premio. O prazo de presentación  de traballos remata o 31 de agosto de 2011. Podedes obter máis información na páxina do Museo. Animádevos.

visita aqui, a páxina do Museo

escrito por admin On mayo - 21 - 2011 Outras Novas Culturais da Capela Xeral

Outra vez visitamos a comunidade veciña de Asturias, donde nos trataron estupendamente.

Cantamos nesta ocasión no XV festival de masas corais que organiza a Coral Villa de Jobellanos.

A continuación deixamos algunhas fotos e videos desta viaxe.

video 1: «piel canela«

video 2: «foliada das rias baixas»

escrito por admin On mayo - 17 - 2011 Novas Da Asociación Xeral

O dia 1 de maio de 2011, saímos de novo aos camiños, para facer a ruta dende Lorbé ata Mera, pola beira do mar. O tempo acompañounos asi que  tanto camiñantes como fotografo puderon disfrutar das magnificas paisaxes que esta costa nos ofrece.

Aqui tedes unha mostra:

escrito por admin On mayo - 4 - 2011 Novas Da Asociación Xeral

O día 30 de abril,  Airiños da Capela organizóu o Festival de Música Sacra 2011, que se celebróu na Igrexa parroquial de Santiago da Capela, ás 8 da tarde, coa actuación de:

  • Coro Diapasón (Ferrol)
  • Coral Endesa (As Pontes)
  • Escola de Música da Capela
  • Coral Airiños da Capela

Algunhas fotos do festival

escrito por admin On abril - 23 - 2011 Novas Da Asociación Xeral

O día 17 de abril 2011, Airiños da Capela estivo novamente camiñando polas fermosas rutas de sendeirismo que surcan a nosa paisaxe galega. Esta vez disfrutamos da «ruta da Auga» comenzando na Capela de San Alberte, pasando pola fonte de Valdovin, Parga, Balneario de Guitiriz, e rematando na area de «sete muiños». Despois de percorrer uns 18 km. (máis ou menos) e dalgún chapuzón (non desexado) no río, repuxemos folgos no restaurante «A Casilla» e algúns tomaron as augas da fonte de augas medicinais de Guitiriz. Ahí van algunhas fotos da xornada nunha galería que máis adiante iremos ampliando. Un afectuoso saúdo a todolos participantes e, non desesperedes que logo estaremos de novo xuntos  «polos camiños«.

escrito por admin On abril - 18 - 2011 Novas Da Asociación Xeral

Nova programación de» Airiños da Capela nos Camiños».

A partir do día 10 de abril, a asociación organiza o tramo portuxés do Camiño de Santiago.

Faráse en 7 etapas, camiñando  dous domingos ao mes, rematando o día 3 de xullo.

Todos os que estén interesados poden informarse e apuntarse no teléfono

Tf. 619 853 834

escrito por admin On marzo - 26 - 2011 Novas Da Asociación Xeral

O día 12 de marzo, a agrupación artistica LUCERO DEL ALBA, presenta a súa madriña do ano 2011, nun acto que terá lugar na Casa da Cultura de Neda, ás 19,30 h.

Neste acto participarán a Coral Airiños da Capela, e a propia  Agrupación Artistica Lucero del Alba.

Paula Fernández Fernández, será a madriña desta Rondalla amiga durante este ano:

Neste acto, non será a madriña a única presentación.

Tamén fará o seu debut na rondalla o noso «Suso», que por suposto seguirá pertencendo a Airiños da Capela, pero como Suso é moito Suso,  e «a cabeza non para» necesita máis que unha Coral para dar renda solta a ese talento que o desborda.

«MOITA SORTE SUSO»   pero…. non te esquenzas que ante todo seguirás sendo un «airiños da Capela».

escrito por admin On marzo - 12 - 2011 Novas Da Asociación Xeral

Airiños da Capela, desexa a todolos veciños da Capela, e amigos, unhas Felices Festas e un bo ano 2011.

escrito por admin On diciembre - 25 - 2010 Novas Da Asociación Xeral




VIDEO

TAG CLOUD

Historial (1)
Novas Da Asociación (27)
Outras Novas Culturais da Capela (11)
Xeral (54)

WP Cumulus Flash tag cloud by Roy Tanck requires Flash Player 9 or better.

POPULAR