Coral Airiños da Capela

Coral Airiños da Capela

P7112503O día 11 de xullo 2010, Airiños da Capela estivo de romaría en San Andrés de Teixido. Foi a primeira ruta da programación «Airiños da Capela nos camiños». Algunhas fotos da comida campestre e vistas de San Andrés (fotos de Conrado Vilela Villamar).

Saúdos a todolos romeiros.

escrito por admin On julio - 19 - 2010 Xeral

aparralO día 26 de xuño,  estivemos  en Aparral  en As Pontes, acompañando aos veciños desta parroquia nos actos da celebración do San Xoan. Moitas gracias á organización por invitarnos e a todolos veciños polo ben que nos trataron.

fotos de Antón Ferreiro

escrito por admin On junio - 26 - 2010 Xeral

Unha vez rematado o Camiño de Santiago con gran satisfacción do grupo participante, a Asociación acordóu manter esta boa costume  e, periódicamente, organizar marchas a pé para manter os vinculos de amizade xurdidos  entre os romeiros e seguir a coñecer e disfrutar da natureza da nosa Terra. De esta forma o vindeiro domingo 11 de xullo, escomenzará a programación do que chamaremos «AIRIÑOS DA CAPELA NOS CAMIÑOS»  cunha romaría a San Andrés de Teixido.  Sairemos de Porto do Cabo, un lugar que se atopa na estrada de Cerdido a Cedeira, a 15 km. de San Andrés.  O bus que nos levará ata Porto do Cabo sairá das Neves ás 7 da mañán, e o prezo que inclúe autobús e comida campestre en S.Andres é de 15 €.

Para apuntarse podedes chamar a Beatriz, ao tf. 619 853 834

Un saúdo e bó camiño.

San Andrés

escrito por admin On junio - 26 - 2010 Novas Da Asociación Xeral

O sabado 3 de xullo, Airiños da Capela organiza a segunda edición da Foliada da Capela. Ao igual que a primeira, faráse no «mesón O Pazo» a partir das dez da noite, e contaremos con dous grupos que nos farán disfrutar coa  sua música , a Agrupación CASTROSÚA de Santiago e o grupo pontés NO COMBARO.

Foliada 2010

escrito por admin On junio - 26 - 2010 Novas Da Asociación Xeral

camiño coralDécima e última etapa do Camiño; do Monte do Gozo a Santiago.

Un saúdo a todolos que peregrinastes neste grupo, e esperamos vernos pronto compartindo  novos camiños.

escrito por admin On junio - 8 - 2010 Xeral

camiño coralNovena etapa do noso Camiño. Chegamos ás portas de Santiago

escrito por admin On mayo - 30 - 2010 Xeral

camiño coralSéptima etapa do Camiño Primitivo dende HOSPITAL DAS SEIXAS a CASTAÑEDA.

Un dia estupendo que algúns aproveitaron para facer unha paradiña en Melide e repoñer forzas cunha tapiña de pulpo e un vasiño de viño. Dende Melide, o camiño xuntase có camiño francés e xa se atopan multitude de peregrinos; como nos comentaba unha muller que atopamos facendo o Camiño en solitario «En el Camino nunca se está sólo«.

Cómo vedes nas fotos, nunca falta o sentido do humor no noso grupo.

escrito por admin On mayo - 17 - 2010 Xeral

camiño coralSexta etapa do Camiño Primitivo de CRESCENTE  a HOSPITAL DAS SEIXAS.

Tivemos un día con «nubes e craros», unha pouquiña auga para comenzar, pero polo resto bastante bon.  Ao remate comida en Melide, e degustación dos seus afamados melindres. Un saúdo a todolos peregrinos.

escrito por admin On mayo - 12 - 2010 Xeral
escrito por admin On mayo - 2 - 2010 Xeral
escrito por admin On abril - 25 - 2010 Xeral




VIDEO

TAG CLOUD

Historial (1)
Novas Da Asociación (27)
Outras Novas Culturais da Capela (11)
Xeral (54)

WP Cumulus Flash tag cloud by Roy Tanck requires Flash Player 9 or better.

POPULAR