Neste 2023, caseque 32 anos despois da súa creación, a coral Airiños da Capela ten que tomar un novo rumbo: cambia de Director.

JUAN BRAJE RABINA, que estivo con nós dende o principio ten que deixarnos por motivos de traballo.

Os membros do coro que iniciamos esta andaina con él, ainda nos lembramos deses primeiros ensaios cun rapaz novo que levaba pouco tempo traballando con coros, pero que fixo que nos ilusionaramos nun proxecto que tamén o enganchóu a él.

Da súa man aprendimos a coñecer e interpretar música coral en calquera dos seus estilos, aprendimos a recoñecerlle calquer xesto cando dirixía, e a apreciar o seu duro traballo nos ensaios, tendo en conta que caseque ningún dos compoñentes tivo, ou ten, formación músical.

Esta longa traxectoria en común deu para ter feito moitos concertos, moitas viaxes, e moitas experiencias: ceas de aniversario, partidas de pocha, e tamén celebracións familiares: vodas, nacementos, aniversarios… porque sempre fomos unha familia na que máis importante que a música foi amistade.

Por iso, hoxe queremos desexarlle a Juan todo o éxito do mundo neses novos proxectos, ainda que non dubidamos de que así será. En airiños da Capela estamos orgullosos de ter sido os teus alumnos.

Voterémoste de menos. Ésta será sempre a túa casa. Esperamos que nun anaco do teu corazón sempre esté a Coral Airiños da Capela.

Moita sorte Juan.

Juan Braje

Juan Braje