Querido David:
Chegou unha noite mala, e, de repente tocounos decirche adiós:
imposible.
¿Cómo poderemos facelo cando estarás sempre no corazón de cada
un de nós? Estarás no noso pensamento en cada ensaio, en cada
actuación, sabendo que estarías feliz de estar ao noso carón.
Non poderemos esquecer o teu sorriso, as túas gañas de aprender, a túa axuda cos
“móviles”, os teus comentarios sempre simpáticos, a túa alegría, a túa bondade, e por
encima de todo a túa compaña e a túa amistade.
Lembraremos ese primeiro día que chegache ao ensaio e tocouche facer exercicios “raros”.
Pensamos: non lle vai gustar, non ten compañeiros da mesma idade … e sorprendichesnos
querendo unirte a nós, convertíndote nun amigo especial para todos.
Non esqueceremos moitos momentos felices: fuche comprar o traxe para cantar e
mandache fotos presumindo do elegante que parecías…, ese primeiro concerto en que
estabas radiante.., os ensaios nos que poñías toda a tenacidade para aprender, ainda que o
“dire” che falase dun tal Pavarotti que non coñecías.., cando pedías as grabacions para non
atrasar por non poder asistir… Cantas anécdotas…
Temos que agradecer aos teus pais, a túa irmá, a túa familia, que nos deixaran decirche algo
ao noso xeito: cantando. Onte foi moi difícil facelo. Non saiu ben. Non importa, só
queríamos estar ao teu lado, e ao da túa familia, e facerche chegar o son dunha canción
que tí tamén tiñas interpretado, e que, entre bagoas, sirveunos para transmitirche o
noso cariño.
Queremos crer que agora estarás nalgún outro sitio buscando un coro para seguir sendo
feliz cantando. Desde donde sexa estarásnos mandando forza para proseguir. En
momentos coma estes parece imposible que a dor e a tristeza permitan continuar, pero o
corazón faise máis grande para recibir el consolo de lembrar tantos instantes alegres
compartidos.
Gracias David por terte coñecido e poder lembrarte sempre feliz ao noso lado.
Queremoste
Compañeiros e director da coral Airiños da Capela
“Non potho reposare..pensende a tie …
Ca t’amo forte t’amo, t’amo e t’amo.”