O domingo 14 abril 2024, Airiños da Capela organizóu unha pequena «Festa» para presentar o libro editado pola Asociación «A Festa de hoxe nun ano».

Como boa Festa que se precie houbo Alboradas co Grupo de gaitas «Silbarda», e sesión vermú amenizada polo dúo «Caramelo», exposición de fotografias das Festas,  e polo medio o acto de presentación no que contamos coa participación de veciños representantes das comisións de Festas das tres parroquias de A Capela, un representante de Rexenerando Coop. que se encargóu de editar os contidos do libro, un promotor de festexos (Soto), Carlitos Romano (cantante) e Sito Sedes (cantante).

Agradecer a Deputación da Coruña a sua axuda para poder sacar a luz esta publicación, e a todo o publico que coa súa presencia fixo que o acto fose todo un éxito e nos anima a continuar coa noso empeño en dinamizar a vida cultural e músical da Capela.