Airiños da Capela con FECOGA – Dixitalización e Mocidade

Na programación de actividades 2025/26, Airiños da Capela inclúe a creación dunha Coral infantil e un Coro tamén infantil de música tradicional, contando co apoio  da Federación Coral Galega (FECOGA) a través do programa «Dixitalización e Mocidade«,  e  da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.

As actividades realizanse nas instalacións do CEIP Mosteiro de Caaveiro de A Capela, e coa colaboración da AMPA do Colexio

Pretendemos así promocionar a música tanto coral como tradicional na xuventude e así garantir a continuidade de Airiños da Capela, que ven de cumprir recentemente o seu 33 aniversario.

Airiños da Capela con FECOGA

Published On: diciembre 5th, 2025