Airiños da Capela con FECOGA – Dixitalización e Mocidade
Na programación de actividades 2025/26, Airiños da Capela inclúe a creación dunha Coral infantil e un Coro tamén infantil de música tradicional, contando co apoio da Federación Coral Galega (FECOGA) a través do programa «Dixitalización e Mocidade«, e da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.
As actividades realizanse nas instalacións do CEIP Mosteiro de Caaveiro de A Capela, e coa colaboración da AMPA do Colexio
Pretendemos así promocionar a música tanto coral como tradicional na xuventude e así garantir a continuidade de Airiños da Capela, que ven de cumprir recentemente o seu 33 aniversario.

